3.31.2010

Este trimestre, xa pasado, tivo como protagonista a novela de Kressmann Taylor: ENDEREZO DESCOÑECIDO

.Propuxemos a lectura deste libro aos membros do club lector porque:
- Era breve e non andaban sobrad@s de tempo
- A maioría están facendo 4º de ESO e 1º de Bacharelato logo teñen historia contemporánea e sería unha lectura axeitada como poio para a materia.
- Sabiamos que resultaría sorprendente.
Comezamos presentando á autora:

Kathrine Kreussmann Taylor, naceu en 1903 en Portland, Oregón. En 1924 gra-duouse na universidade do seu estado e trasladouse a San Francisco onde traballará como redactora publicista e coñecerá a Elliot Taylor, un publicista, con quen casará. A parella trasladarase a Nova Yorq onde se publicará, por primeira vez: Enderezo descoñecido. Durante un tempo dedícase ao ensino en Pensilvania mais ao qudar viúva viaxa a Florencia e algún tempo despois casa novamente co escultor John Rood e vai vivir entre Florencia Minnesota. Morre en 1996 deixando publicados, ademais do libro lido: Día sin retorno tamén sobre o nazismo e Hasta ese día.



Parte do grupo comezou comentando, antes de entrar en materia, que lle resultaran "chocantes":
-O feito de que a autora non empregara o seu nome, que se escondera baixo dous apelidos.
-A data de publicación da primeira edición.
-Que estivera escrito en forma epistolar.

Aclaramos que tanto o editor como o marido de Katherine Kressmann consideraron que a novela era demasiado crúa como para presentala aos lectores estadounidense como obra dunha muller casada e con tres fillos, porque a sociedade "liberal" ameri-cana aínda non estaba preparada para que as mulleres puideran chamar ás cousas polo seu nome, sen tinguilas de branduras románticas .



En canto á data: 1938, xusto un ano antes de que a Alemaña nazi declarara a guerra, a que ía ser a Segunda Guerra Mundial, o contido da novela só é explicable partindo do que a propia autora contou nunha entrevista:
“Pouco antes da guerra, uns amigos alemáns- cultos, intelectuais, de bo corazón volveron a Alemaña despois de vivir nos Estados Unidos. En moi pouco tempo fixéronse nazis acérrimos. Negábanse a escoitar calquera crítica contra Adolf Hitler. Durante unha visita a California atoparon na rúa cun íntimo e vello amigo xudeu. Non lle dirixiron a palabra. Déronlle as costas cando tentou abrazalos. Pregunteime como podía ocorrer semellante cousa. Que os fixera cambiar desta maneira? Que os levara a ese grao de crueldade?. Esas preguntas estaban día e noite no meu maxín, non podía esquecelas. Comecei a analizar documentos sobre Hitler, a ler os seus discursos e os escritos dos seus conselleiros. O que descubrín foi aterrecedor". Tampouco esta faceta parecía moi propia dunha muller, porque as mulleres non facían política, non se cría que puideran entender de algo que era "territorio masculino".

A forma epistolar era orixinal e permitía á autora expoñer, cunha grande economía de medios e coa máxima eficacia, un drama de suspense cun sorprendente final. Daba, ademais, axilidade e sinxeleza á lectura, xa que en vinte cartas de páxina e media ou dúas páxinas, desenvolvía toda a trama.e a evolución global dos personaxes detrás da que están os feitos, aqueles feitos terribles que levaron a execución de milleiros de persoas inocentes non só da etnia xudía aínda que a novela se centre nela pode que porque era a que tiña unha presenza notable nos EE.UU.


No hay comentarios:

Publicar un comentario