2.16.2010

máis......

Buscades terror? Pois aquí hai abondo!
Aire negro
Ninguén cun mínimo de sentido común podería crelo, ía contra todo o razoable pero estaba na mitoloxía popular, no fondo do subconsciente colectivo era posible que a Gran Besta tomara corpo, e non valía calquera, tiña que ser o corpo dunha fermosa muller de pelo vermello, unha "roxa" -non pola ideoloxía política senón pola cor do cabelo-. Laura non fala só escribe, compulsivamente, unha e outra vez o seu nome, como unha tola. Víctor, o seu psiquiatra, consigue que lle conte a súa historia, unha historia chea de misterio, de dor, onde o amor se mestura cos medos e as lendas convertidas en realidades porque Laura non está tola ... está posuida polo Maligno!

Seguimos con Agustín

Noite de voraces sombras

Deste libro poderían falar moito máis @s que están a lelo, nós só imos trazar unhas liñas para que sintades a tentación de facer voluntariamente o que el@s están a facer por ... Decreto da Programación!

Veredes: Sara é unha rapaza da nosa idade que vai pasar as vacacións de verán á casa da súa avoa. Cando se instala no cuarto que a avoa lle destina comeza a sentir como se unha presencia, un fantasma, rondase por alí entre as cartas e as fotos que atopa. Sara quere saber e investiga ata atopar unha historia de amor e desamor que tivera lugar entre dous mestres republicanos atrapados nas gadoupas da guerra civil e nos amargos anos da posquerra ...Que pasou entre eles? Misterio por resolver!

Tamara



2.15.2010

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ




Como tod@s sabemos Agustín Fernández Paz é o especialista galego en relatos de terror e son precisamente eses relatos os que máis nos gustan da súa extensa obra literaria. Temos que confesar que comezamos a ler as súa obras por "imperativo legal!" ou lias o cateabas galego e non era cousa así que comezaremos pola primeira que nos foi "recomendada":



Cartas de inverno

Adrián Novoa, un pintor de sona, merca unha casa na aldea para atopar a tranquilidade que precisa para dar un novo xiro á súa maneira de ver a pintura. Era a casa soñada aínda que na súa decisión inflúe moito o seu amigo

Xabier.Porén a casa non é o que Adríán espera, agocha algo, un misterio que esperta unha fonda inquedanza no pintor e que Xabier non sabe como axudarlle a resolver. Queres saber cal é ese misterio? Pois o libro está na biblioteca e cando queiras podes collelo, digocho el que xa o lin.
Dani

2.11.2010

BICARSE

Esta vez non quixemos traducilo, respectamos a lingua do pastor-poeta,porque non nos sentimos quen de reproducir o sentimento fondo, brusco e, ao mesmo tempo doce, que só el, Miguel Hernández, soubo expresar. Deixamos o enlace por se queres ler máis poemas de AMOR.

LLEGÓ TAN HONDO EL BESO

LLegó tan hondo el beso
que traspasó y emocionó los muertos.

El beso trajo un brío
que arrebató la boca de los vivos.

El hondo beso grande
sintió breves los labios al ahondarse.

El beso aquel que quiso
cavar los muertos y sembrar los vivos.

2.09.2010

DILLO CUN POEMA.





Táctica e estratexia

A miña táctica é
mirarte,
aprender como es,
quererte como es.
A miña táctica é
falarche
e escoitarte,
construír con palabras
unha ponte indestructible.

A miña táctica é
quedarme no teu recordo
non sei como nin sei
con que pretexto
pero quedarme en ti.

A miña táctica é
ser franco
e saber que ti es franca
e que non nos vendemos
simulacros
para que entre os dous
non haxa un pano
nin abismos.

A miña estratexia é
en cambio
máis profunda e máis
simple.

A miña estratexia é
que un día calquera
non sei como nin sei
con que pretexto,
por fin, me necesites.

Mario Benedetti




EDGAR ALLAN POE

2.05.2010

POE


“A miña vida foi capricho, impulso, paixón,
anhelo de soidade, mofa das cousas deste mundo; un honesto desexo de futuro"

2.04.2010

LECTURA




No trimestre que rematou a lectura elixida foi: El gato negro y otros relatos de terror de Edgar A. Poe. Ninguén do grupo lera, en serio, nada deste famoso autor, só o coñeciamos de "oídas" e polo maratón de lectura do Día do Libro do curso pasado. Era unha vergonza! así que cambiamos os nosos hábitos de lectura pensando que era breve e non teriamos tempo de nos aburrir. Comezamos a ler con certo reparo, pero... o Gato Negro non foi abondo, tod@s lemos os outros relatos e chegamos á mesma conclusión:
Son relatos de verdadeiro terror!.
Algunhas pasamos medo lendo -os rapaces din que eles non, pero...?- e non foi o único sentimento, tamén sentimos compaixón e noxo e carraxe, unha mestura de sentimentos moi estraña que foi común aínda que somos un grupo moi heterexéneo, tanto que: .
A Antela gústalle ler e escribir, o seu tema é a inxustiza, os problemas do débil, do acosado.
A Dani vaille máis a banda deseñada, as aventuras dos grandes heroes de todos os tempos.
Darío opta pola ciencia ficción pero non rexeita a novela historica.
A Diego gústanlle as narracións fantáticas, o seu é o imposible.
Eva e Nazaret son románticas e soñadoras, pero Eva prefire historias de intriga sen truculencias, mentres a Nazaret un chisco de morbo....de medo.
A Yolanda gústanlle os libros, todos os libros ben escritos porque é crítica.
A tod@s nos gusta ler e lemos para aprender a vivir!