3.31.2010



ENDEREZO DESCOÑECIDO

Max Eisenstein e Martin Schulsen eran dous amigos expatriados a EE.UU. por causa da I Guerra Mundial. Vivían moi ben en San Francisco grazas á prestixiosa galeria de arte que posuían. Compartían propiedade, recordos e unha amizade fonda, especial mais un bo día Martin decide volver ás raíces añoradas, quere que os seus fillos coñezan fisicamente Alemaña e a súa cultura. Max quedará nos EE.UU a cargo da galería e de mandar cartos a Alemaña, pero comprende e apoia ao querido amigo.
En decembro, co Nadal, comeza a historia que, pensamos, vai desenvolverse en tres tempos marcados pola evolución psicolóxica dos protagonista.
1.- Añoranza de Max e alegría de Martin instalado nunha luxosa "villa" de Munich, facendo amigos nobres e chiscando o ollo á ideoloxía nacionalsocialista que acaba de facerse co goberno alemán. Son tempos amables, que se moven no plano do estrictamente persoal, son "eles" aínda.
2.- Desconcerto e inquietude de Max e "conversión" de Martin. Ata Max chegan rumores de persecución e radicalización do réxime alemán xa en mans de Hitler, Martin responde que "o problema xudeo e só un incidente" que "algo grande está pasando" na Alemaña que viviu catorce anos sometida. Max non o entende, apela á súa "cordura" e humanidade pero recibe como resposta un NON VOLVAS ESCRIBIR Á MIÑA CASA, porque non pode ter amigos xudeos. Max quere crer que están obrigando a Martin a portarse así e insiste por medio dos billetes do banco para recibir que "os xudeos son unha ferida aberta para calquera nación que lle dea asilo, logo hai que admitir a dolorosa necesidade de tomar severas medidas contra eles.
3.- Odio de Max e terror de Martin.
Giselle, a irmá de Max está en paradeiro descoñecido, el sabe que ía ir a Berlín para representar unha obra e escribe: "Necesito pedirche que a busques, que a axudes. Ti coñeces aa súa graza, a súa beleza, a súa dozura.Tiveche o seu amor, ese amor que non deu a ningún outro home...." e Martin responde: " Heil Hitler! Sinto ter que darche malas novas. Túa irmá está morta. Coma ti mesmo dicías, por desgraza, era unha imprudente. Hai menos dunha semana chegou á miña casa perseguida por unha patrulla das SS... " Morreu no xardín da grande "villa" da familia Schulse.
Hai un silenzo dun mes e logo comezan a chegar á casa do amigo traidor unha serie de cartas con noticias do negocio e do tempo que semellan ter un significado especial, codificado, que falan da "nosa avoa", logo Martin debe ser xudeo, de entregas misteriosas, de números, de cores ... A censura está ao axexo, Martin é sospeitoso de.... e escribe aterrizado e suplicante: "Deus, Max! Sabes o que fas? Para" mais se a el o convertiu en besta cega unha ideoloxía e un líder a Max foron a dor e a xenreira e non vai parar ata que recibe unha carta devolta coas marcas: enderezo descoñecido". Entón o silenzo que preside a novela faise moi mesto, parece que a familia Schulsen foi exterminada. Quedará Max satisfeito? Poderá durmir tranquilo despois da vinganza?
Notas:
Así vimos o libro en conxunto, pero alguén quixo engadir unhas notas máis que resumimos en:
PARADOXOS:
Martin contáxiase da "tolemia" dunha ideoloxía pero esquece que vive moi ben grazas ao diñeiro, aos dólares que lle manda Max dende a "vencedora" América e esquece algo máis, esquece que eses dólares veñen dos clientes xudeos da galeria.
Max critica o cambio de Martin, a súa traizón, pero el responde coa mesma moeda, non pensa que detrás de Martin hai unha familia a que asegurou mil veces querer. Pasa tamén do estrictamente persoal ao racial e político aínda que non o diga expresamente.
LECCIÓN:
"A fin nunca xustifica os medios"

No hay comentarios:

Publicar un comentario