10.04.2010

OS TRES LIBROS



LA FLOR PÚRPURA

Na cidade de Enugu, na exótica Nixeria, unha moza de quince anos, chamada Kambili, e o seu irmán maior Jaja levan unha vida privilexiada. O seu pai é un poderoso e respectado home de negocios, viven nunha fermosa casa e van a un colexio relixioso para xente rica. Mais, como Kambili revela no seu relato con voz doce, a súa vida familiar dista moito de ser harmoniosa. O seu pai é un fanático católico que debuxou unhas expectativas imposibles de cumprir para a súa familia, á que castiga con crueldade se non actúa de acordo co que el considera "a perfección evanxélica. Só cando ten noticia de outros modos de vida Kambili adquire conciencia da escuridade e violencia do seu. A cariñosa e atrevida tía Ifeoma convence a seu irmán para que deixe aos seus sobriños visitala en Nsukka. Unha vez no humilde apartamento da súa tía descobren un mundo totalmente novo, gobernado pola calor do cariño, o respecto ás ideas, a liberdade, a ausencia de castigos... un novo mundo gobernado polo amor
Cando un golpe militar sacude o país e Kambili e Jaja volven á casa transformados pola liberdade conquistada. Os dous mozos xa non son o que eran. A tensión familiar medra porque Jaja xa non está disposto a baixar a cabeza, entón Kambili, terá que madurar demasiado pronto nun mundo hostil e terá que atopar a forza precisa para defender aos seus seres queridos da intolerancia e da inxustiza.

MEDIO SOL AMARILLO

Neste outro libro a autora fainos viaxar pola Nixeria que viviu o conflicto de Biafra, un seses episodios da historia mundial que hoxe xace no faiado das conciencias do mundo, onde se enterran, baixo moreas de trastes, as historias de inxustiza, crueldade e violencia, as dos xogos políticos que levan á morte de tantos e tantos inocentes.
Da man de Chimananda vivimos historias de amor, de orgullo, de resistencia, de terror, de indiferencia, entrelazadas nunha narración dinámica, cálida que, dende a primeira liña invita a mergullarse nunha cultura descoñecida para nos á vez que nos entrega personaxes humanos e palpables que unha vez que cerras o libro quedan con nos mirándonos aos ollos e preguntando: e que farías ti non meu lugar?

ALGO ALREDEDOR DE TU CUELLO

‘Algo arredor do teu colo’ pon diante dos nosos ollos doce relatos. Estes relatos sitúanse entre Nixeria e Estados Unidos e tratan temas como: a familia, a relixión, a política, a tolerancia, etc. Así, un mozo rebelde que coñece o medo na cela número un. Unha nixeriana que vive nos Estados Unidos mentres o seu marido ven e vai enfrascado nos seus negocios. Unha moza que foxe dun enfrontamento na rúa entre igbos e hausas . A dura vida dun profesor xubilado e o seu encontro cunha pantasma do pasado. Un grupo de escritores africanos reunidos nuns talleres literarios. Os amores entre unha moza nixeriana e un americano. Unha mujer que vai pedir asilo político á embaixada estadounidense porque o seu marido periodista está en perigo e xa lle mataron ao fillo. Unha muller que descobre o terrible segredo que se agocha tras a morte do seu irmán; unha madre moza aínda ve como o seu mundo cambalea cando o seu querido marido lle mete á amante na casa compartida, no que cría o seu fogar ou a soidade dunha moza emigrada en Estados Unidos, onde nada é como imaxinara…Non está todo porque este é un libro para ler, non para ser contado. Un libro con historias, non cunha "historia", para descubrirnos o mundo de verdade, non a imaxe que nos dan os xornais ou a televisión.

Non esquezades ler no enlace de Nixería, poderedes saber ata da súa música e entender mellor o que é o país de orixe da autora. Lede tamén no de Biafra e mirade con atención os dous vídeos que seguen.



COMEZAMOS

Case agora mesmo, porque o tempo corre demasiado, comezamos un novo curso e unha nova xeira do noso Club Lector, con máis xente e moitas ganas de ler. Tivemos unha primeira reunión e estamos en periodo de reflexión porque temos que escoller as lecturas para este trimestre.Temos unha longa lista, moitos son os títulos propostos, pero antes de elixir queremos que vexades este vídeo e pensedes sobre o que nós di a escritora nixeriana Chimananda Adichie . O mesmo seria un erro quedar cunha "historia única"





Como podedes ler no enlace anterior Chimenanda Adichie publicou, polo de agora, tres libros, tedes a referencia a continuación.