7.10.2010

NOVA SAGA VAMPÍRICA

Como sabemos que a moit@s vos gustan as historias de vampiros queremos achegarvos noticias dunha nova "saga" da que só saíron, ata agora, dous títulos dos que vos falaremos logo.
O autor desta "saga" é o norteamericano David Wellington.
David Wellington naceu en Pittsburgh, Pennsylvania, en 1971. Afeccionado dende moi mozo á literatura de autores como Stephen King ou Edgar Allan Poe, converteuse nun autor de referencia das novelas apocalípticas sobre zombies e vampiros dos nosos días. Estudou na Universidade de Syracuse onde se especializou en escritura creativa, e tamén ten un máster en Biblioteconomía polo Instituto Pratt, o que levou a traballar como arquiveiro das Nacións Unidas en Nova York. Comezou a facerse coñecido publicando de maneira seriada por internet, obtendo unha gran aceptación da crítica e dos lectores converténdose nun fenómeno de culto, o que o levou a publicar a súa primeira serie en papel. Era a triloxía zombie formada polos títulos: Monster Island, Monster Nation e Monster Planet; o éxito desta triloxía sobre mortos vivintes, levouno a tentar á sorte cos vampiros e leva xa publicados dous títulos da súa triloxía vampírica.
Os títulos publicados son:


13 BALAS
Editorial: Minotauro
Colección: Terror
Data de publicación: xaneiro do 2010
ISBN: 978-84-450-7771-9
Páxinas: 399

Segundo a versión "oficial", os vampiros extinguíronse nos anos 80 nos Estados Unidos, cando o axente do FBI Arkeley enfrontouse ao último deles nun combate que estivo a piques de acabar tamén coa súa vida. Pero, cando a axente de tráfico Laura Caxton chama na metade da noite ao FBI pedindo axuda, só o axente Arkeley sabe que está pasando: queda un vampiro. Escondido nun asilo abandonado, esperando o momento oportuno, cunha paciencia da que só un non morto é capaz de esperar. Só hai un modo de resolver este caso. Pero parece que os vampiros buscan algo máis que o sangue de Caxton, algo sobre o que o seu compañeiro garda silenzo; algo que terá que descubrir ou morrerá. Terá algo que ver a parella de Laura, esa parella misteriosa que non traballa pero pinta cousas "raras" en sabas vellas con sangue ou senta mirando ao aire, sen facer nada máis?

O certo é que só 13 balas separan a Caxton dos vampiros. Só 13 balas entre os vivos e os malditos!
Coidado! estes vampiros non se namoran dos humanos, non son guapos, nin poden andar á luz do sol. Nada que ver con Crepúsculo!. Estes son feos e malos, non teñen sentimentos, non poden vivir sen sangue humana. Aquí hai terror terrorífico, non apto para corazóns débiles.


99 ATAÚDES

Editorial: Minotauro
Colección: Terror
Data de publicación: maio do 2010

ISBN: 978-84-450-7777-1

Laura Caxton xurara que non volvería a se enfrontar aos malditos vampiros nunca máis, pero cando o axente Jameson Arkeley chega ata ela co corpo esgazado e case irrecoñecible, para presentarlle un inquedante descubrimento non dubida. Un arqueólogo da zona acaba de descubrir un cemiterio en Gettysburg. Aínda que na cidade, que foi escenario da peor batalla da gue-rra civil americana, non é estraña a estes achados, este é diferente porque nel permanecen 100 ataúdes, 99 deles están ocupados por vampiros que, afortunadamente, perderon os seus corazóns. Pero... un dos ataúdes está roto e baleiro... Certos documentos da guerra civil parecen conter sinistros secretos acerca do que está enterrado en Gettysburg, secretos que Laura Caxton está a punto de descubrir. Poderá salvar a unha cidade enteira da invasión dun exército sedento de sangue?



Este é máis gordo, ten 10 páxinas máis de terror terrorífico, por iso non van na ficha técnica!

Calquera o diría pero os vampiros son una ameaza moi real a pesar dos avances tecnolóxicos conseguidos e da incredulidade cada vez maior do ser humano! segundo din por aí.

Non é que sexa unha literatura maxistral pero entretén, sobre todo @s afeccionados ao xénero de terror con monstros de verdade, grandes, calvorotas, cunha fileira de dentes afiados e terribles, orellas de moucho e canteiros de tiburón talla XXL. Imaxinas que vas pola rúa e salta diante túa un destes non mortos? Eu non que son moi medoñenta, pero hai quen si!









No hay comentarios:

Publicar un comentario