6.14.2010

O NENO CO PIXAMA A RAIAS

A nosa última lectura do curso contada por "Franki".



Bruno ten 9 anos, vive nunha mansión dun barrio exclusivo de Berlín, ten "amigos para toda a vida", unha irmá presumida de 14 coa que rifar, uns avós que o miman, un colexio de luxo e moitas cousas máis, porque é fillo dun comandante da Shultzwitz,é dicir, das SS na Alemaña de Hitler.
O pai de Bruno é un tipo moi serio e a nai unha muller moi "preocupa de si e do que dirán" pero a Bruno non lle importa, só lle molestan as reunións na casa de xente "rara e estirada, como o führer ese" porque o obrigan a comportarse como fillo de quen é, dun home importante!
A Bruno o führer e os seus "amigos" non lle caen ben e o seu rexeitamento é maior cando lle din que van deixar Berlín por unha tempada porque o seu pai ten "unha importante misión importantísima que cumprir fóra da cidade".
Bruno non quere marchar, non quere deixar aos seus amigos para toda a vida, nin aos avós, nin o colexio .... pero ten que ir, porque é un neno e "os nenos non poden decidir"
A viaxe é aburrida, o pobo ao que chegan espantoso e a "nova casa pequena e triste, non ten nada que explorar" e, por riba, prohíbenlle saír só máis aló do xardín.
Dende a fiestra do seu cuarto, Bruno ve un valado detrás do que hai moitas persoas vestidas con "pixamas de raias". Os seus pais chegarán ao acordo de que Bruno e Gretel non poden deixar de estudar e logo precisan un profesor particular, así entra na historia Herr Listz. Un aburrido mestre empeñado en que aprendan materias tan burridas como a Historia. No medio de tanta confusión, Bruno pregúntase que é o que está ocorrendo fóra. Por que se viste todo o mundo sempre con ese horrible pixama de raias?
Unha tarde consegue escapar e topa cun neno xudeo: Shmuel. Fanse amigos, porque Bruno ten fame de amigos, e todas as tardes Bruno vai xunto a Shmuel, para, dende o outro lado dos arames falar con el. Entérase de que pasa fame e Bruno rouba na cociña o que pode para levarlle. Vai esquecendo aos "amigos para toda a vida" porque agora ten outro amigo que conta moitas historias, co que se leva moi ben. Só que na súa casa de Auschwitz as cousas non van tan ben como co seu amigo, hai un mozo, axudante do seu pai, guapo e atento, que trastorna a vida da súa irmá e encandila á súa aburrida mamá. O mozo é desviado a outro destino e o pai decide mandar á familia de volta a Berlín. Bruno está triste, "outra vez o mesmo".
Chove, chove moito pero Bruno non pode marchar sen se despedir de Shmuel. Pon as botas de auga, colle un impermeable e, como sempre, ás agachadas, vai xunto ao amigo. Pensa só en dicir que marcha mais Shmuel está moi triste, non atopa ao seu pai por ningures e Bruno quere axudalo, pon un pixama de raias que lle queda grande e pasa baixo os arames, entra no campo de Auschwitz!
Bruno é incapaz de comprender la tragedia que se vive ao seu redor aínda que o seu amigo, da mesma idade, é consciente dela, por iso entra no campo cun xudeo fraco e preocupado. Fóra quedan as botas, porque a xente do "pixama a raias" vai descalza e o impermeable porque alí dentro non hai tal cousa. Sabe que cando volva van castigalo por saír e emporcarse tanto, pero ten que "axudar" a Shmuel".
Non conseguen atopar ao pai de Shmuel e Bruno quere volver á casa, porén os gardas do campo obrigan aos nenos a entrar, xunto cunha gran cantidade de persoas nun lugar "cálido" e "seguro".
Os dous nenos agarrados da man entran na cámara de gas.
Comezan a buscar ao neno e o pai descubre a roupa de Bruno xunto ao valado de arame, imaxina o que pasou.. Meses máis tarde, os aliados chegan a Auschwitz s levan aos soldados nazis. O pai de Bruno sígueos sen queixarse porque "xa non lle importa nada o que fagan con el".







A película resultou menos impactante do que pensabamos despois de ler o libro pero non estivo mal. Podedes ver unha mostra aquí mesmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario