6.09.2010

FEDERICO GARCÍA LORCA



Cumpriría anos antonte se os poetas eternos cumpriran anos e a envexa e o odio respectaran as vidas dos xenios, pero non foi así, Machado díxoo coa tristeza que levaba xa prendida na alma:

"Se le vio, caminando entre fusiles,
por una calle larga,
salir al campo frío,

aún con estrellas de la madrugada.
Mataron a Federico
cuando la luz asomaba.
El pelotón de verdugos
no osó mirarle la cara.
Todos cerraron los ojos;
rezaron: ¡ni Dios te salva!
Muerto cayó Federico
—sangre en la frente y plomo en las entrañas—
... Que fue en Granada el crimen
sabed —¡pobre Granada!—, en su Granada".



Federico García Lorca, moreno de verde luna, naceu en Fuente Vaqueros, Granada, o 5 de xuño de 1898, no seo dunha familia economicamente desafogada, e morreu executado polos fascistas levantados, entre os pobos de Viznar e Alcofar, o 19 de agosto de 1936, dixeron que pola súa afinidade co Fronte Popular pero probablemente porque destacaba como poeta da liberdade e tamén porque non escondía a súa homosexualidade.
Foi un neno de saúde delicada e grande sensibilidade o que fixo que a súa nai, mestra de profesión, impulsará as súas afeccións artísticas, tanto literarias como musicais.
Como estudante foi algo irregular por iso de neno, puxérono baixo a tutela do mestre Rodríguez Espinosa, en Almería, cidade na que residiu coa familia entre 1906 e 1909. Comezou o bacharelato de volta á provincia natal e no 1915 entrou na Facultade de Dereito de Granada onde forma parte de El Rinconcillo, centro de reunión dos artistas granadinos e coñece a Manuel de Falla. Entre 1916 e 1917 fai unha serie de viaxes por España cos seus compañeiros de estudos e coñece a Antonio Machado, pero aquilo non era o que quería e pouco despois deixa Granada para instalarse na Residencia de Estudiantes de Madrid (1918–1928). Despois volve á Universidade de Granada e licénciase en Dereito, mais nunca exerceu a avogacía, porque a súa vocación era a literatura.
Cun grupo de intelectuais granadinos funda, no 1928, a revista Gallo, da que só sairán dous exemplares. En 1929 viaxa a Nova Yorq e a Cuba. Dous anos despois funda o grupo teatral universitario La Barraca, para achegar o teatro ao pobo, e en 1936 volve a Granada onde é detido para pouco despois ser fusilado.
A ubicación meridional de Granada, onde se atopaba viva a herdanza moura no folclore e unha xeografía agreste, quedaron impresas en toda a súa obra poética, onde os romanceiros e a épica se funden de maneira perceptible
Escribiu tanto poesía como teatro, se ben nos últimos anos dedicouse máis e este participando non só como creador senón tamén na escenificación e montaxe.
En canto ao seu teatro, Lorca emprega elementos líricos, míticos e simbólicos, e recorre tanto á canción popular como á desmesura que tan presente estivo na obra de Calderón e mesmo ao teatro de títeres. No seu teatro o visual é tan importante como o lingüístico. Un fondo dramatismo, case ao modo da traxedia grega está sempre presente na súa obra.
A morte non acabou con Fererico porque quedou a súa obra. Escoitade se queredes.
!


Si muero,
dejad el balcón abierto.
El niño come naranjas.
(Desde mi balcón lo veo).
El segador siega el trigo
(desde mi balcón lo siento)
¡Si muero,
dejad del balcón abierto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario