4.03.2010


UN MUNDO FELIZ

Nesta novela todo o noso planeta áparece unificado como un único Estado Mundial: Utopía, gobernado por dez controladores, verdadeiros dictadores, establecidos nas cidades máis importantes. Fóra dese mundo están as áreas "non civilizadas", as reservas onde viven os salvaxes e ás que se exilia a aqueles que cometen non se adaptan ao sistema. O Estado Mundial conta con dous millóns de habitantes divididos en cinco castas ou clases sociais impermeables, pechadas, a casta dos alfa que é a superior dos dirixentes e os grandes científicos, logo a dos beta que son os seus subordinados, seguen os gamma e delta e por último os épsilon, os destinados aos traballos máis baixos e degradantes. Todos eles son seres creados artificialmente, en probetas no Laboratorio de Incubación e Acondicionamento, son seres sen pais e co cerebro lavado por sistemas como a hipnopedia para que non pensen nin sintan, para que vivan como teñan que vivir sen soñar con nada máis, sen se queixar, sen familia, sen amor, sen arte, sen música, sen literatura, como máquinas perfectamente deseñadas para o seu traballo, consumidoras de soma, a droga da felicidade, de sexo seguro, de cine sensible e deporte enlatado, nin sequera saber ler porque teñen máquinas de lectura controlada, non teñen libros porque podían facelos pensar e non están no Mundo para iso. Todo aquel que non se adapte é exiliado, como lle ocorre a Bernard Marx e ao seu amigo Helmholtz Watson, dous descontentos que parece que queren pensar e actuar pola súa conta
O contrapunto a este "mundo feliz" constitúeo a reserva de Malpaís, onde vive John, o Salvaxe, fillo de Linda e do Controlador de Londres. Fillo do pecado social dos seus pais é un solitario porque os nativos de Malpaís non o queren porque é estranxeiro, un mozo louro, fillo dunha habitante de Utopía que en Utopía tampouco vai ser aceptado porque é un tipo raro que sabe ler e ama a Shakespeare, que sofre e cre que hai que sufrir para saber o que é ser feliz, que se namora de Lenina Crowne, a perfecta cidadá de Utopía que só quere sexo e que non entende o seu respecto, porque ela non sabe que iso.
Neste Estado Mundial o tempo mídese dende a creación do primeiro Ford, o Ford T, logo dende 1908.

No libro hai moitas referencias a grandes figuras da política, das ideoloxías, da industria e da banca do momento en que a obra foi escrita, especialmente nos nomes de personaxes.
Un mundo feliz describe tamén o que seria unha dictadura perfecta que tería a aparencia dunha democracia, un cárcere sen muros do que os presos non soñarían nunca con evadirse. Un sistema de escravitude onde, grazas ao sistema de consumo e entretemento, os escravos terían amor a súa servidume sen cuestionala. Critica as ideoloxías do momento, tanto a uniformidade dos totalitarismos marxistas, como as diferencias extremas do capitalismo, critica tamén á igrexa anglicana e á prensa, aos paparazzi que acosan a John porque é diferente e logo noticia e iso é o único importante.
Tod@s nos preguntamos como é posible que unha novela así fora escrita en 1931. Como unha persoa puido ter unha visión tan anticipada e certeira do que ía, en certo modo, pasar coa tecnoloxía, por exemplo. Certo que non foi o primeiro, que Verne tivo antes visións similares, pero non se moven no mesmo plano, Verne non ten esa carga amarga e crítica que a novela de Huxley zumega. Tod@s sentimos un pouco de medo a ese mundo frío e manipulado que plantea.


Aldous Huxley publicou Un mundo feliz en 1931, en plena depresión económica, nuha época de inquietude e incerteza. O libro era unha fantasía científica. Era tamén un cadro de pesadelo. Reflexaba una evolución regresiva da humanidade, a culminación de sete séculos de errores, a sociedade tal como podería ser no "século VII da era de Ford".
Segundo Huxley, a liberdade individual estaba en perigo no mundo enteiro. Poderosas forzas impersoais puxaban cara a un "totalitarismo" moi pouco humano, todo apuntaba na mesma dirección. Huxley sostén que hai que comezar sen demora a educación para a liberdade. Non está moi seguro de que a liberdade chegue a gañar, mais pensa que loitar por ela é o deber de todo home consciente.



2 comentarios:

  1. Noelia Touriño Landin

    El libro UN MUNDO FELIZ nos muestra que los seres humanos no nos debemos conformar en hacer un mundo feliz, si no planificarlo de tal manera que no falte la belleza, la ciencia y la religión.

    Aunque a mi me resultó un poco difícil de comprender porque no tenía los suficientes conocimientos históricos.

    Se califica este libro como una contrautopía, ya que nos muestra una sociedead utópica con calificaciones negativas. Se contrapone a la obra de Tomas Moro donde se idealiza una sociedad perfecta donde no sucede nada malo y todos son iguales.

    Lo que parece curioso es como Ford recibe el nombre de Dios, llegando hasta el punto de hacer una T en lugar de hacer una CRUZ. El calificativo mneumáutica se utiliza para hacer referencia a una chica guapa. Con todo esto observamos que en el libro se hace casi siempre referencia a Ford,la primera persona en realizar la industria en cadena y así que una sola persona obtuviese todos los beneficios.

    Por otro lado, también destacaría la hipnopedia(método de aprendizaje basado en escuchar una serie de cosas que se repiten cuando duermes)porque sería útil en nuestra sociedad para aprenderle a un niño pequeño lo que está bien o mal. Sin embargo esto puede tener una mala ultilización y dar como resultado algo negativo, porque se influiría en una persona sin que ella tuviese conocimiento ni alguna manera de escoger lo que aprende.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo20.4.10

    Cristina Casal Mosquera


    En el libro "Un mundo feliz", contrautopia escrita por Aldous Huxley, el autor imagina una sociedad que utilizaría la genética y el clonaje para el condicionamiento y el control de las personas.
    Ese control lo tenia una sola persona, el director del centro, y además en quien creian no era en dios, si no en Ford, que tiene relación porque fue el fundador de la compañia Ford y quien creia que la clave para la paz seria el consumismo, parte del tema de la obra.

    Con el condicionamiento y el control de las personas através de la genética, evitaron guerras y pobreza, ya que no tenian problemas de clases sociales por que através de la hipnopedia se hacia que todos creyeran ser los mejores y que estuvieran orgullosos de ser lo que eran.

    Por lo tanto, todos eran felices, pero para ello eliminaron la familia, la religión, el arte,.. Ademas, tomaban el "soma" que eliminaba cualquier sentimiento emocional producido en la persona.. así no tenian problemas de depresión, ni pesimismo.. ni nada parecido.

    En resumen, el libro es una contrautopia que expone (ironicamente) como seria un mundo feliz, en el cual no hay libertad.

    ResponderEliminar