2.04.2010

LECTURA




No trimestre que rematou a lectura elixida foi: El gato negro y otros relatos de terror de Edgar A. Poe. Ninguén do grupo lera, en serio, nada deste famoso autor, só o coñeciamos de "oídas" e polo maratón de lectura do Día do Libro do curso pasado. Era unha vergonza! así que cambiamos os nosos hábitos de lectura pensando que era breve e non teriamos tempo de nos aburrir. Comezamos a ler con certo reparo, pero... o Gato Negro non foi abondo, tod@s lemos os outros relatos e chegamos á mesma conclusión:
Son relatos de verdadeiro terror!.
Algunhas pasamos medo lendo -os rapaces din que eles non, pero...?- e non foi o único sentimento, tamén sentimos compaixón e noxo e carraxe, unha mestura de sentimentos moi estraña que foi común aínda que somos un grupo moi heterexéneo, tanto que: .
A Antela gústalle ler e escribir, o seu tema é a inxustiza, os problemas do débil, do acosado.
A Dani vaille máis a banda deseñada, as aventuras dos grandes heroes de todos os tempos.
Darío opta pola ciencia ficción pero non rexeita a novela historica.
A Diego gústanlle as narracións fantáticas, o seu é o imposible.
Eva e Nazaret son románticas e soñadoras, pero Eva prefire historias de intriga sen truculencias, mentres a Nazaret un chisco de morbo....de medo.
A Yolanda gústanlle os libros, todos os libros ben escritos porque é crítica.
A tod@s nos gusta ler e lemos para aprender a vivir!

3 comentarios:

  1. E aquí estamos nós, dispost@s a facer ese fermoso camiño ao voso carón.
    Apertas dende Fene

    ResponderEliminar
  2. Un inicio "terrorífico".Eu tamén sentín medo, pero medo do de verdade.
    Parabens por ese grupo de rapaces ten heteroxéneo, unidos pola lectura.

    ResponderEliminar
  3. Felicidades polos novos blogs e novos camiños por percorrer!!! Saúdos dende
    Balbordo
    Bibliocabe

    ResponderEliminar