11.13.2011

CARTAS DE INVERNO


Algún de vos , quizás , teña visto esta rocha en directo. Alguén dos lectores de Cartas de Inverno, podería contarnos algo desta imaxe que ten que ver coa intriga do libro? Estades pasando moito medo?

9 comentarios:

  1. Profesora28.11.11

    Qué tal a reunión deste Luns?

    ResponderEliminar
  2. amanda28.11.11

    hoxe tivemos unha reunión no clube de lectura. Eu teño que comentar: as cartas
    misteriosas que lle mandaron a Adrian, o anuncio da casa enmeigada,os petroglifos prehistoricos, etc. Velaquí os meus comentarios.
    ANUNCIO DA CASA: adrán e Xabier fixeron unha aposta para ver quen compra a casa enmeigada.Vou dicir textualmente o que pon no libro: VENDO casa enbrujada, absténganse curiosos y bromistas. teléfono 76 20 58.
    PRETOGLIFOS PREHISTÓRICOS:no espazo da parede que está sobre a porta de cada un dos cuartos que había arriba.
    MENSAXES OCULTOS:unha noite despois de desconectar o teléfono de casa e mais o fax empezáronlle a mandar faxes con mensaxes ocultos; por exemplo os da páxina 58.
    espero que vos gustaraas descripcións dos "debuxos" do libro.
    Ata o Luns 14

    ResponderEliminar
  3. Profesora29.11.11

    Pois claro que nos gustan os teus comentarios, Amanda. O Luns da reunión é 12 e non 14, foi un pequeno erro. A data correcta aparecerá no cartel do club de lectura.

    Ata o Luns 12

    ResponderEliminar
  4. amanda29.11.11

    grazas por comentarme o erro e alégrame moito que che gustase o resto.
    unha aperta.
    se non hai nada novo ata o luns 12

    ResponderEliminar
  5. ALICIA9.12.11

    hoxe tivemos reunion do club de lectura falamos do libro cartas de inverno de agustin fernandez paz .A todos gustanos o libro da un chisco de medo todos o din .Temos que ler ata o capitulo 10 ou se alguen quere pois xa o pode termiñar .eu xa o estou rematando .Podedes ,se algun ou algunha persoa quere, apuntarse .Falamos durante todo o recreo .Os que mais len son segun o que vemos .pablo e alba ,els dous xa remataron o libro pero as profes non lle deixan decir o final.CHAOOOOOOOOOOOO:)

    ResponderEliminar
  6. Profesora9.12.11

    O Luns 12, como sabedes, quedamos de novo para falar; seguro que case todo o mundo completou a súa lectura ou está a piques de rematar. Temos que ir rematando porque hai membros do club desexando xa comezar a nova lectura.

    Vémonos o Luns

    ResponderEliminar
  7. DaniiPaiis9.12.11

    Eu teño moitos exames, non puiden rematar :(

    ResponderEliminar
  8. Próxima reunión o martes 20 un saúdo.

    ResponderEliminar
  9. Prosesora14.12.11

    Efectivamente vémonos o Martes 20 de Decembro no recreo para intercambiar as impresións finais. Lembrade selecionar o anaco que vos metera máis medo no corpo e procurade avisar os compañeiros, a ver se conseguimos estar case todos.

    Falamos o Martes.

    ResponderEliminar