1.10.2011

UNHA HABITACIÓN EN BABEL

Lemos Una habitación en Babel, de Eliacer Cansino

Entre tod@s elaboramos o resume que segue:
A novela comeza presentándonos o que todos os personaxes teñen en común: un pobo ficticio con nome de pícaro de novela, Alfarache, no sur da Península e o edificio no que viven, a Torre, unha fea e enorme construcción, chea de pintadas, desconchados e outras lindezas polo estilo. Símbolicamente o autor chamao Babel porque, como na torre bíblica, nel conviven moitas linguas, culturas e etnias:
Viven tamén na Torre indios, marroquís, ecuatorianos, españois, guineanos, nixerianos...Trasegan dun lado para outro, trapichean, traen e levan o sustento das súas vidas, as historias con que arman as súas conciencias, a memoria porentas dos desertos, os caracois, o baile de millo.....
Xentes moi diferentes procedentes de países distintos, de culturas e civilizacións moi afastadas, de estratos sociais con pouca relacións entre si mais cun obxectivo único: sobrevivir. Dende Stéfano coas súas pizzas e trapicheos á avoa de Berta co seu inseparable programa de saúde de televisión, pasando por Nor chegado da África ecuatoriana e Gil, personaxe inclasificable que ao longo da novela iranos desvelando a súa historia e o seu lugar en Babel ata Ángel o profesor de Filosofía do instituto que serve de nexo a todos e que chegou a Babel fuxindo da súa amada Castela para deixar atrás lembranzas da muller morta e dun pai que tenta valerse del para paliar o seu fracaso e facerse coa fortuna do seu compadre e que fai que foxa do ambiente rural que os asfixia e se refuxie na Universidade e na docencia. Non queda claro por que Ángel se instala en Babel se foi para fuxir dos seus colegas, para mirar a realidade desde un lugar privilexiado ou, simplemente, para deixarse encher de vida exterior porque é unha persoa que precisa apagar os seus silencios interiores alí onde ninguén saiba que existen.
A acción arranca cando Berta perde o seu Memorín, un caderno no que ten escritas moitas cousas persoais pero tamén algo moi importante, o inicio dunha novela que cre que vai ser un verdadeiro éxito. A partir da busca da libreta axudada por Marcos, o seu namorado, que monta toda a "historia" para chamar a atención da moza, vaise desenrolar o que parece unha primeira parte da novela. Nela coñeceremos a case todos os personaxes. Os adolescentes: Berta, Marcos, Stefano, Rachid e Nor e os adultos: Ángel, Lucia e Gil ademais do Chancas o chabolista escuro, traficante de case todo, representante dun mundo cheo de ameazas, de trampas, de chantaxes, de servidumes; mundo perigoso para quen trata de entrar no seu mundo (puñadas a Gil, cartas a Ángel) que vai facer de ponte entre as dúas partes do libro. Esta primeira parte intranscendente, típica, cos tópicos de calquera novela xuvenil: un espazo urbano, cidade dormitorio, á beira dunha gran cidade, un instituto con rivalidades entre os seus alumnos, e supoñemos que tamén entre os seus profesores e alumnos que deambulan cos seus propios intereses. Con todo esta bagaxe poderiamos prever que estamos ante unha novela de adolescentes nos seus espazo natural: o instituto con adolescentes que sofren e se namoran, con profes que median nas súas vidas, con enfrontamentos máis ou menos graves entre mozos e adultos.
Pero logo a historia avanza e unha aloucada Berta métese no piso de Stéfano para recuperar o Memorín e descobre o tráfico de CD pirateados e a conexión de Stéfano e Rashid. Nor desaparece e prodúcese a visita de Ángel ao Chancla interesándose por Nor, é a visita dun iluso que pensa que vai recibir axuda dunha escoria como o Chancla, pero o autor átanos ao fío da aparición fantasmal na chabola dunha moza negra, personaxe importante porque logo desvelará a Ángel o lugar do desembarco do irmán de Nor: a praia de Bolonia, a onde foi Nor. Ángel é atrapado pola historia do seu alumno e xa non pode retornar, sente a obriga de convencer a Rashid e a emprender a viaxe, e a xogarlla a policía na praia e a transgredir a lei e Rashid o personaxe víctima da novela ao que sociedade condenou a buscarse a vida, a vivir nas marxes da legalidade, o tipo duro e insensible que non quere saber nada de ninguén va acompañar a Ángel porque sabe que o profesor sen el estaría perdido, vai xogarse a vida lanzándose ao mar para axudar aos que baixan da pateira sen saber nadar, vai pasar a noite mollado á intemperie para esconder a Nor e ao seu irmán, vai loitar por axudar e vai conseguir que todo saía ben menos a súa propia vida porque a novela péchase: Gil morreu, Stéfano e Rashid caen nunha redada policía, Berta disponse a pechar a novela que escribira no Memorín, e a vida segue: o trapeiro leva todos o mobles de Gil e Ángel ..... Non sabemos!
É curiosa y un tanto forzada la relación entre Nor y Gil, o seu pai intelectual e as dúas historias que se superpoñen na novela a de Gil na que quizais o autor tenta facer unha incursión na memoria histórica falando de bigadistas e fascistas e o manuscrito de Guzmán de Alfarache que Gil deixa para que Nor poida seguir adiante coa súa vida, porque o vello solitario quere representar a bondade e a historia da familia de Ángel, do pai egoísta e a nai asoballada, namorada en silenzo do compadre benefactor.
Hai outras relacións e partes forzadas pero en xeral gustounos moito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario