9.13.2010

UNHA REFLEXIÓN IMPORTANTE

Ven da man dun escritor pero non é tendenciosa senón terriblemente real. O título xa é suxestivo: Como ler nos tempos do cólera. O texto é de Jordi Sierra i Fabra e non ten desperdicio. No derradeiro apartado di:

"Adoito dicirlle aos mozos que hoxe en día a gobalización tenos comidos. En calquera lugar do mundo vestimos e calzamos as mesmas marcas, comemos a mesma comida das mesmas franquicias, vemos os mesmos films made in Hollywood. E pregúntolles: que nos queda para se nos mesmos, entes individuais capaces de pensar, fortes para enfrontarnos á vida e decidir pola nosa conta? A resposta é simple: LER, encher o depósito da mente coa frescura do natural. Queres ser rebelde? LE. Queres poder decidir por ti mesmo? LE. Queres ser independente, libre, sen formar parte da masa aborregada que segue ao líder, como se foras un Ulises calquera seducido polo canto das sereas da vida? LE. Quedan poucos praceres cos que sentirte diferente. Se non atopamos un espacio diario para LER convertirémonos en anciáns sentados nun banco do parque coa mirada perdida no infinito, sen saber de que falar, só queixarnos do mal que está todo. Non hai nada máis triste que o silencio da incultura. LER non é unha opción É UNHA NECESIDADE.
Canta razón ten! Que triste non ter de que falar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario