Lemos Una habitación en Babel, de Eliacer Cansino

A novela comeza presentándonos o que todos os personaxes teñen en común: un pobo ficticio con nome de pícaro de novela, Alfarache, no sur da Península e o edificio no que viven, a Torre, unha fea e enorme construcción, chea de pintadas, desconchados e outras lindezas polo estilo. Símbolicamente o autor chamao Babel porque, como na torre bíblica, nel conviven moitas linguas, culturas e etnias:
Viven tamén na Torre indios, marroquís, ecuatorianos, españois, guineanos, nixerianos...Trasegan dun lado para outro, trapichean, traen e levan o sustento das súas vidas, as historias con que arman as súas conciencias, a memoria porentas dos desertos, os caracois, o baile de millo.....
Xentes moi diferentes procedentes de países distintos, de culturas e civilizacións moi afastad


A acción arranca cando Berta perde o seu Memorín, un caderno no que ten escritas moitas cousas persoais pero tamén algo moi importante, o inicio dunha novela que cre que vai ser un verdadeiro éxito. A partir da busca da libreta axudada por Marcos, o seu namorado, que monta toda a "historia" para chamar a atención da moza, vaise desenrolar o que parece unha primeira parte da novela. Nela coñeceremos a case todos os personaxes. Os adolescentes: Berta, Marcos, Stefano, Rachid e Nor e os adultos: Ángel, Lucia e Gil ademais do Chancas o chabolista escuro, traficante de case todo, representante dun mundo cheo de ameazas, de trampas, de chantaxes, de servidumes; mundo perigoso para quen trata de entrar no seu mundo (puñadas a Gil, cartas a Ángel) que vai facer de ponte entre as dúas partes do libro. Esta primeira parte intranscendente, típica, cos tópicos de calquera novela xuvenil: un espazo urbano, cidade dormitorio, á beira dunha gran cidade, un in

Pero logo a historia avanza e unha aloucada Berta métese no piso de Stéfano para recuperar o Memorín e descobre o tráfico de CD pirateados e a conexión de Stéfano e Rashid. Nor desaparece e prodúcese a visita de Ángel ao Chancla interesándose por Nor, é a visita dun iluso que pensa que vai recibir axuda dunha escoria como o Chancla, pero o autor átanos ao fío d


É curiosa y un tanto forzada la relación entre Nor y Gil, o seu pai intelectual e as dúas historias que se superpoñen na novela a de Gil na que quizais o autor tenta facer unha incursión na memoria histórica falando de bigadistas e fascistas e o manuscrito de Guzmán de Alfarache que Gil deixa para que Nor poida seguir adiante coa súa vida, porque o vello solitario quere representar a bondade e a historia da familia de Ángel, do pai egoísta e a nai asoballada, namorada en silenzo do compadre benefactor.
Hai outras relacións e partes forzadas pero en xeral gustounos moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario