1.11.2011

UNA HABITACIÓN EN BABEL

Unha das nosas lectoras aporta a súa propia visión

Gustoume. A historia é moi interesante e entretida, o malo é que dentro da historia hai historias que se perden, Quero dicir que hai personaxes interesantes que só se asoman a historia, como Berta e Lucía, dos que case non se fala, son persoas normais que aparentemente, polo menos, non teñen ningún pasado feo que esconder, polo tanto quedan esbozados é non pasa nada, pero hai outros, un en concreto: Stéfano, do que o único que conta é que é un emigrante italiano que ao principio era un rapaz agradable pero que se xunta con quen non debía e acaba por ter problemas serios coa policía, aínda que non queda claro se se xunta realmente con quen non debe ou detrás está o pai do que non se di nada pero está claro que viven na mesma casa e algo tiña que ver... . Eu esperaba saber que se agochaba detrás de Stéfano, esperaba unha historia intrigante ou terrible, pero a novela non di nada, nin sequera por que acabou como acabou aínda que podemos pensar en que quere diñeiro fácil. Por outra parte está Rashid que parece ser unha das malas influenzas de Stéfano pero non é así, non é a mala persoa que nos presenta ao comezo, senón unha persoa movida polas circunstancias adversas que resulta boa e case heroica cando axuda a Ángel e a Nor, Rashid coñecía ben o ambiente das zonas de entrada, sabía moitas cousas, pero por que?. Intrigoume Stéfano e intrigoume Rashid pero as historias que hai detrás deles quedaron no aire.

Antela

No hay comentarios:

Publicar un comentario