7.14.2010
TAMÉN O VERÁN É TEMPO DE POESÍA
Apagamos as mans. Deixamos enriba da mar murcharse a lúa
e puxémonos a andar pola terra cumprida de sombras.
Agora xa é tarde. As albas virán a ofrecernos as súas húmidas flores.
Cegos iremos. Calados iremos, mirando algo noso que foxe
cara á patria remota.
(O noso espírito debe ser, que acabalga
sobre as ondas.)
Agora xa é tarde. Apagamos as mans felices
e poñémonos a andar pola terra cumprida de sombras.
Caemos nun pozo que afoga os soños.
Sentimos a boca glacial da morte tocar a nosa boca.
Antes, entón, con que gozo ardente,
con que prodixioso acenderse de aurora
modelamos en néboas efémeras, en pasto de brisas lixeiras,
a nosa cálida hora.
E como apertamos as ubres quentes. E como era fermoso
pensar que non había nin onte, nin mañá, nin historia.
Agora xa é tarde; apagamos as mans felices
e poñémonos a andar pola terra cumprida de sombras
Como errar polos anos, como astros xemelgos, sen lume,
como astros sen luz que se ignoran.
Como andar, sen nostalxia, o camiño, soñando dous soños distintos
mentres en torno o amor se desploma.
Agora xa é tarde. Sabemos. Pensamos. (Buscabamos almas.)
Agora sabemos que a alma non é pedra nin flor que se toca.
Como astros xemelgos e alleos pasamos, sabendo
que a alma se nega se o corpo se nega.
Que nunca se logra se o corpo se logra.
Deixamos enriba da mar murcharse a lúa.
Como errar, polos anos, sen gloria.
Como aceptar que as almas son vagos ensoños
que en soños tan só se dan, da terra, núa e redonda.
Estamos espertos. Sabemos. Como astros soberbios, caídos,
sentimos a boca glacial da morte tocar a nosa boca.
De "Con las piedras, con el viento" 1950. José Hierro
7.10.2010
Como sabemos que a moit@s vos gustan as historias de vampiros queremos achegarvos noticias dunha nova "saga" da que só saíron, ata agora, dous títulos dos que vos falaremos logo.
O autor desta "saga" é o norteamericano David Wellington.
David Wellington naceu en Pittsburgh, Pennsylvania, en 1971. Afeccionado dende moi mozo á literatura de autores como Stephen King ou Edgar Allan Poe, converteuse nun autor de referencia das novelas apocalípticas sobre zombies e vampiros dos nosos días. Estudou na Universidade de Syracuse onde se especializou en escritura creativa, e tamén ten un máster en Biblioteconomía polo Instituto Pratt, o que levou a traballar como arquiveiro das Nacións Unidas en Nova York. Comezou a facerse coñecido publicando de maneira seriada por internet, obtendo unha gran aceptación da crítica e dos lectores converténdose nun fenómeno de culto, o que o levou a publicar a súa primeira serie en papel. Era a triloxía zombie formada polos títulos: Monster Island, Monster Nation e Monster Planet; o éxito desta triloxía sobre mortos vivintes, levouno a tentar á sorte cos vampiros e leva xa publicados dous títulos da súa triloxía vampírica.
Os títulos publicados son:
13 BALAS 
Editorial: Minotauro
Colección: Terror
Data de publicación: xaneiro do 2010
ISBN: 978-84-450-7771-9
Páxinas: 399
Segundo a versión "oficial", os vampiros extinguíronse nos anos 80 nos Estados Unidos, cando o axente do FBI Arkeley enfrontouse ao último deles nun combate que estivo a piques de acabar tamén coa súa vida. Pero, cando a axente de tráfico Laura Caxton chama na metade da noite ao FBI pedindo axuda, só o axente Arkeley sabe que está pasando: queda un vampiro. Escondido nun asilo abandonado, esperando o momento oportuno, cunha paciencia da que só un non morto é capaz de esperar. Só hai un modo de resolver este caso. Pero parece que os vampiros buscan algo máis que o sangue de Caxton, algo sobre o que o seu compañeiro garda silenzo; algo que terá que descubrir ou morrerá. Terá algo que ver a parella de Laura, esa parella misteriosa que non traballa pero pinta cousas "raras" en sabas vellas con sangue ou senta mirando ao aire, sen facer nada máis?
O certo é que só 13 balas separan a Caxton dos vampiros. Só 13 balas entre os vivos e os malditos!
Coidado! estes vampiros non se namoran dos humanos, non son guapos, nin poden andar á luz do sol. Nada que ver con Crepúsculo!. Estes son feos e malos, non teñen sentimentos, non poden vivir sen sangue humana. Aquí hai terror terrorífico, non apto para corazóns débiles.
99 ATAÚDES
Editorial: Minotauro
Colección: Terror
Data de publicación: maio do 2010
ISBN: 978-84-450-7777-1
Laura Caxton xurara que non volvería a se enfrontar aos malditos vampiros nunca máis, pero cando o axente Jameson Arkeley chega ata ela co corpo esgazado e case irrecoñecible, para presentarlle un inquedante descubrimento non dubida. Un arqueólogo da zona acaba de descubrir un cemiterio en Gettysburg. Aínda que na cidade, que foi escenario da peor batalla da gue-rra civil americana, non é estraña a estes achados, este é diferente porque nel permanecen 100 ataúdes, 99 deles están ocupados por vampiros que, afortunadamente, perderon os seus corazóns. Pero... un dos ataúdes está roto e baleiro... Certos documentos da guerra civil parecen conter sinistros secretos acerca do que está enterrado en Gettysburg, secretos que Laura Caxton está a punto de descubrir. Poderá salvar a unha cidade enteira da invasión dun exército sedento de sangue?
Este é máis gordo, ten 10 páxinas máis de terror terrorífico, por iso non van na ficha técnica!
Calquera o diría pero os vampiros son una ameaza moi real a pesar dos avances tecnolóxicos conseguidos e da incredulidade cada vez maior do ser humano! segundo din por aí.
Non é que sexa unha literatura maxistral pero entretén, sobre todo @s afeccionados ao xénero de terror con monstros de verdade, grandes, calvorotas, cunha fileira de dentes afiados e terribles, orellas de moucho e canteiros de tiburón talla XXL. Imaxinas que vas pola rúa e salta diante túa un destes non mortos? Eu non que son moi medoñenta, pero hai quen si! 
Seguimos con traducións interesantes

NA BOUNTY
Texto: JOHN BOYNE
Tradución: Carlos Acevedo
Deseño: Marc Taeger
Encadernación rústica. Narrativa K.
480 páxinas. 14,5x21 cm.
ISBN 978-84-96957-87-9
"Era unha vez un cabaleiro, un tipo alto con aire de superioridade, que tiña por costume baixar ao mercado de Portsmouth o primeiro domingo de cada mes co fin de aprovisionar a súa bi-blioteca. Eu recoñecíao polo coche en que o seu criado o traía. Era da cor máis negra que se podía imaxinar, mais estaba rematado no alto por unha fileira de estrelas prateadas, coma se o home tivese interese nun mundo alleo ao noso".
En 1787, ao mando do capitán William Bligh, a fragata Bounty parte cara a Tahití. O Almirantado británico encargáralle recoller árbores do pan para transplantalas nas colonias do Caribe. Tratábase de conseguir un produto económico para alimentar os escravos das illas que recollían cana de azucre. Bligh era un experto en navegar polo Pacífico; xa o fixera ás ordes do lendario capitán Cook. Como en todas as penosas travesías daquela época, a tripulación tiña por diante unha dura e longa viaxe.
John Jacob Turnstile, un adolescente de Portsmouth, está a piques de ser encarcerado cando lle ofrecen unha última oportunidade para evitar a cadea: embarcar na Bounty como paxe do capitán Bligh. John acepta a proposta sen dubidar e así sería como chega a converterse en testemuña privilexiada dun episodio que marcou o devir da Armada inglesa.
En “Motín na Bounty” (2008), John Boyne achégase a un feito histórico xa narrado anteriormente e levado ao cine en tres ocasións, con actores de tanta sona como Clark Gable (1935), Marlon Brando (1962) e Mel Gibson (1987). Pero Boyne narra a viaxe da Bounty cunha ollada orixinal que invita á reflexión e nos presenta un com-plexo mundo dominado polo poder e pola ambición.
Nesta novela de aventuras, retrátase a disciplinada vida do mar e tamén se reflicte o caracter dos personaxes, dende o capitán ata os oficiais e os mariñeiros. O dilema entre o ben e o mal, os arquetipos de heroe e vilán, a lealtade e a traizón, son algúns binomios que xorden neste libro. Situacións límite, valentía e actos de solida-riedade son outros ingredientes desta historia tan emocionante.
JOHN BOYNE (Dublín, 1971)
Estudou Literatura Inglesa no Trinity College de Dublín e Escritura Creativa na Universidade de East Anglia, en Norwich. Ten publicadas sete novelas, entre as que destacan “O neno do pixama a raias” (2006), que foi traducida a máis de corenta e dúas linguas. FAKTORÍA K publicouna en galego. Esta obra, que foi finalista dos premios ‘Borders Original Voices’ e ‘Ottakar’s Children’s Book Prize’, converteuse axiña nun fenómeno editorial ao vender máis de cinco millóns de exemplares en todo o mundo. Por outro dos seus títulos, "Index on Censorship", tamén foi proposto ao Premio Ungari Unicef e á Medalla Carnegie.
Os dous libros foron editados en galego por FAKTORIA K
UNHA TRADUCIÓN IMPORTANTE

Texto: CORMAC McCARTHY
Tradución: EVA ALMAZÁN
Deseño: MARC TAEGER
Encadernación rústica. Narrativa K.
192 páxinas. 14,5x21 cm.
ISBN 978-84-96957-80-0
PREMIO JAMES TAIT BLACK MEMORIAL 2006
FINALISTA DO PREMIO NATIONAL BOOK CRITICS CIRCLE 2006
"Cando acordou no monte no medio da escuridade e do frío da noite estendeu a man para apalpar ao neno que durmía a son del. Noites máis negras ca a negrura mesma e os días máis grises ca a véspera.
Coma a aparición dun glaucoma frío que ofuscaba o mundo. A man elevábaselle e descendía suavemente con cada alento precioso. Botou para atrás a lona plástica e ergueuse sobre as fedorentas roupas e mantas e mirou para o leste na procura dalgunha luz pero non había ningunha."
Un pai e un fillo camiñan sós por un mundo frío, onde apenas nada se move, agás a cinza e a neve no vento. Pai e fillo empurran un carriño pola estrada: nel transportan as poucas pertenzas que lles quedan e o que van recollendo no camiño. Van cara ao sur, cara á costa, buscando a salvación, esfameados e abafados pola néboa cincenta: dende as montañas do interior, percorrendo unha paisaxe arrasada, van fuxindo da morte coa esperanza de atopar un futuro onde sexa posible a vida. Todo está morto e extinguido ao seu redor. Como única protección levan unha pistola para se defender dos bandidos, as roupas que visten... e téñense o un ao outro.
“A ESTRADA” é a crónica conmovedora dunha viaxe de supervivencia que imaxina un futuro sombrío. Un futuro explorado nos filmes e obras literarias que se teñen internado no mundo posterior a unha catástrofe nuclear. Cormac McCarthy volve sobre o tema e converte a ficción nunha obra impactante, onde está presente o mellor e o peor da condición humana. A lectura provoca unha pregunta desasose-gante: son posibles o amor e a esperanza no medio da barbarie inhumana e da de-vastación total?
Destaca tamén o protagonismo da paisaxe: un ceo sempre gris onde nunca se ve o sol, os ríos negros, un frío intenso, a escuridade e o eterno silenzo. Publicada en 2006, “A estrada” é unha das obras deste autor máis recoñecidas internacionalmente; a súa tradución ao galego supón un fito relevante.
CORMAC McCARTHY (Rhode Island, Estados Unidos, 1933)
Pasou boa parte da súa nenez e mocidade en Tennessee, onde comezou a carreira de Humanidades, que non chegou a rematar. Alistouse despois nas Forzas Aéreas estadounidenses, onde permaneceu catro anos.
Sábese pouco da súa vida persoal, pero el mesmo se describe como un ser solitario, máis amigo de científicos que de autores. Casou tres veces e levou unha vida desor-deada, mudando de domicilio e traballando en diferentes oficios, vivindo de bolsas e premios que recibía polas súas obras.
Está considerado un dos principais novelistas da literatura norteamericana actual. Entre as súas obras destacan “Suttree”, coa que recibiu en 1981 o Premio MacArt-hur Fellowship, e “A triloxía da fronteira”, coa que conseguiu o recoñecemento do público e da crítica; a esta serie pertencen “Todos os cabalos lindos”, publica-do en 1992, co que gañou o premio máis importante de Norteamérica, The National Book Award, “O paso” e “Cidades da veiga”. En 2005 publica “Non é terra para vellos”, levada ao cine polos irmáns Coen, e en 2006 aparece “A estrada”, recoñe-cida co Premio Pulitzer de Ficción 2007 e adaptada á gran pantalla por John Hillcoat en 2009.
6.19.2010
NA MORTE DE SARAMAGO
Retrato do poeta quando jovem
De ramos inquietos que despregam
Sobre as águas as folhas recurvadas.
Há um bater de remos compassado
No silêncio da lisa madrugada,
Ondas brancas se afastam para o lado
Com o rumor da seda amarrotada.
Há um nascer do sol no sítio exacto,
À hora que mais conta duma vida,
Um acordar dos olhos e do tacto,
Um ansiar de sede inextinguida.
Há um retrato de água e de quebranto
Que do fundo rompeu desta memória,
E tudo quanto é rio abre no canto
Que conta do retrato a velha história.
Poema à boca fechada
Não direi:
Que o silêncio me sufoca e amordaça.
Calado estou, calado ficarei,
Pois que a língua que falo é de outra raça.
Palavras consumidas se acumulam,
Se represam, cisterna de águas mortas,
Ácidas mágoas em limos transformadas,
Vaza de fundo em que há raízes tortas.
Não direi:
Que nem sequer o esforço de as dizer merecem,
Palavras que não digam quanto sei
Neste retiro em que me não conhecem.
Nem só lodos se arrastam, nem só lamas,
Nem só animais bóiam, mortos, medos,
Túrgidos frutos em cachos se entrelaçam
No negro poço de onde sobem dedos.
Só direi,
Crispadamente recolhido e mudo,
Que quem se cala quando me calei
Não poderá morrer sem dizer tudo.
Na ilha por vezes habitada
Na ilha por vezes habitada do que somos, há noites, manhãs e madrugadas em que não precisamos de morrer.
Então sabemos tudo do que foi e será.
O mundo aparece explicado definitivamente e entra em nós uma grande serenidade, e dizem-se as palavras que a significam.
Levantamos um punhado de terra e apertamo-la nas mãos. Com doçura.
Aí se contém toda a verdade suportável: o contorno, a vontade e os limites.
Podemos então dizer que somos livres, com a paz e o sorriso de quem se reconhece e viajou à roda do mundo infatigável, porque mordeu a alma até aos ossos dela.
Libertemos devagar a terra onde acontecem milagres como a água, a pedra e a raiz.
Cada um de nós é por enquanto a vida.
Isso nos baste.

6.14.2010
O NENO CO PIXAMA A RAIAS

Bruno ten 9 anos, vive nunha mansión dun barrio exclusivo de Berlín, ten "amigos para toda a vida", unha irmá presumida de 14 coa que rifar, uns avós que o miman, un colexio de luxo e moitas cousas máis, porque é fillo dun comandante da Shultzwitz,é dicir, das SS na Alemaña de Hitler.
O pai de Bruno é un tipo moi serio e a nai unha muller moi "preocupa de si e do que dirán" pero a Bruno non lle importa, só lle molestan as reunións na casa de xente "rara e estirada, como o führer ese" porque o obrigan a comportarse como fillo de quen é, dun home importante!
A Bruno o führer e os seus "amigos" non lle caen ben e o seu rexeitamento é maior cando lle din que van deixar Berlín por unha tempada porque o seu pai ten "unha importante misión importantísima que cumprir fóra da cidade".
Bruno non quere marchar, non quere deixar aos seus amigos para toda a vida, nin aos avós, nin o colexio .... pero ten que ir, porque é un neno e "os nenos non poden decidir"
A viaxe é aburrida, o pobo ao que chegan espantoso e a "nova casa pequena e triste, non ten nada que explorar" e, por riba, prohíbenlle saír só máis aló do xardín.
Dende a fiestra do seu cuarto, Bruno ve un valado detrás do que hai moitas persoas vestidas con "pixamas de raias". Os seus pais chegarán ao acordo de que Bruno e Gretel non poden deixar de estudar e logo precisan un profesor particular, así entra na historia Herr Listz. Un aburrido mestre empeñado en que aprendan materias tan burridas como a Historia. No medio de tanta confusión, Bruno pregúntase que é o que está ocorrendo fóra. Por que se viste todo o mundo sempre con ese horrible pixama de raias?
Unha tarde consegue escapar e topa cun neno xudeo: Shmuel. Fanse amigos, porque Bruno ten fame de amigos, e todas as tardes Bruno vai xunto a Shmuel, para, dende o outro lado dos arames falar con el. Entérase de que pasa fame e Bruno rouba na cociña o que pode para levarlle. Vai esquecendo aos "amigos para toda a vida" porque agora ten outro amigo que conta moitas historias, co que se leva moi ben. Só que na súa casa de Auschwitz as cousas non van tan ben como co seu amigo, hai un mozo, axudante do seu pai, guapo e atento, que trastorna a vida da súa irmá e encandila á súa aburrida mamá. O mozo é desviado a outro destino e o pai decide mandar á familia de volta a Berlín. Bruno está triste, "outra vez o mesmo".
Chove, chove moito pero Bruno non pode marchar sen se despedir de Shmuel. Pon as botas de auga, colle un impermeable e, como sempre, ás agachadas, vai xunto ao amigo. Pensa só en dicir que marcha mais Shmuel está moi triste, non atopa ao seu pai por ningures e Bruno quere axudalo, pon un pixama de raias que lle queda grande e pasa baixo os arames, entra no campo de Auschwitz!
Bruno é incapaz de comprender la tragedia que se vive ao seu redor aínda que o seu amigo, da mesma idade, é consciente dela, por iso entra no campo cun xudeo fraco e preocupado. Fóra quedan as botas, porque a xente do "pixama a raias" vai descalza e o impermeable porque alí dentro non hai tal cousa. Sabe que cando volva van castigalo por saír e emporcarse tanto, pero ten que "axudar" a Shmuel".
Non conseguen atopar ao pai de Shmuel e Bruno quere volver á casa, porén os gardas do campo obrigan aos nenos a entrar, xunto cunha gran cantidade de persoas nun lugar "cálido" e "seguro".
Os dous nenos agarrados da man entran na cámara de gas.
Comezan a buscar ao neno e o pai descubre a roupa de Bruno xunto ao valado de arame, imaxina o que pasou.. Meses máis tarde, os aliados chegan a Auschwitz s levan aos soldados nazis. O pai de Bruno sígueos sen queixarse porque "xa non lle importa nada o que fagan con el".


6.09.2010
FEDERICO GARCÍA LORCA
Cumpriría anos antonte se os poetas eternos cumpriran anos e a envexa e o odio respectaran as vidas dos xenios, pero non foi así, Machado díxoo coa tristeza que levaba xa prendida na alma:
"Se le vio, caminando entre fusiles,
por una calle larga,
salir al campo frío,
aún con estrellas de la madrugada.
Mataron a Federico
cuando la luz asomaba.
El pelotón de verdugos
no osó mirarle la cara.
Todos cerraron los ojos;
rezaron: ¡ni Dios te salva!
Muerto cayó Federico
—sangre en la frente y plomo en las entrañas—
... Que fue en Granada el crimen
sabed —¡pobre Granada!—, en su Granada".
Federico García Lorca, moreno de verde luna, naceu en Fuente Vaqueros, Granada, o 5 de xuño de 1898, no seo dunha familia economicamente desafogada, e morreu executado polos fascistas levantados, entre os pobos de Viznar e Alcofar, o 19 de agosto de 1936, dixeron que pola súa afinidade co Fronte Popular pero probablemente porque destacaba como poeta da liberdade e tamén porque non escondía a súa homosexualidade.
Foi un neno de saúde delicada e grande sensibilidade o que fixo que a súa nai, mestra de profesión, impulsará as súas afeccións artísticas, tanto literarias como musicais.
Como estudante foi algo irregular por iso de neno, puxérono baixo a tutela do mestre Rodríguez Espinosa, en Almería, cidade na que residiu coa familia entre 1906 e 1909. Comezou o bacharelato de volta á provincia natal e no 1915 entrou na Facultade de Dereito de Granada onde forma parte de El Rinconcillo, centro de reunión dos artistas granadinos e coñece a Manuel de Falla. Entre 1916 e 1917 fai unha serie de viaxes por España cos seus compañeiros de estudos e coñece a Antonio Machado, pero aquilo non era o que quería e pouco despois deixa Granada para instalarse na Residencia de Estudiantes de Madrid (1918–1928). Despois volve á Universidade de Granada e licénciase en Dereito, mais nunca exerceu a avogacía, porque a súa vocación era a literatura.
Cun grupo de intelectuais granadinos funda, no 1928, a revista Gallo, da que só sairán dous exemplares. En 1929 viaxa a Nova Yorq e a Cuba. Dous anos despois funda o grupo teatral universitario La Barraca, para achegar o teatro ao pobo, e en 1936 volve a Granada onde é detido para pouco despois ser fusilado.
A ubicación meridional de Granada, onde se atopaba viva a herdanza moura no folclore e unha xeografía agreste, quedaron impresas en toda a súa obra poética, onde os romanceiros e a épica se funden de maneira perceptible
Escribiu tanto poesía como teatro, se ben nos últimos anos dedicouse máis e este participando non só como creador senón tamén na escenificación e montaxe.
En canto ao seu teatro, Lorca emprega elementos líricos, míticos e simbólicos, e recorre tanto á canción popular como á desmesura que tan presente estivo na obra de Calderón e mesmo ao teatro de títeres. No seu teatro o visual é tan importante como o lingüístico. Un fondo dramatismo, case ao modo da traxedia grega está sempre presente na súa obra.
!

Si muero,
dejad el balcón abierto.
El niño come naranjas.
(Desde mi balcón lo veo).
El segador siega el trigo
(desde mi balcón lo siento)
¡Si muero,
dejad del balcón abierto!

