Son relatos de verdadeiro terror!.
Algunhas pasamos medo lendo -os rapaces din que eles non, pero...?- e non foi o único sentimento, tamén sentimos compaixón e noxo e carraxe, unha mestura de sentimentos moi estraña que foi común aínda que somos un grupo moi heterexéneo, tanto que: .
A Antela gústalle ler e escribir, o seu tema é a inxustiza, os problemas do débil, do acosado.
A Dani vaille máis a banda deseñada, as aventuras dos grandes heroes de todos os tempos.
Darío opta pola ciencia ficción pero non rexeita a novela historica.
A Diego gústanlle as narracións fantáticas, o seu é o imposible.
Eva e Nazaret son románticas e soñadoras, pero Eva prefire historias de intriga sen truculencias, mentres a Nazaret un chisco de morbo....de medo.
A Yolanda gústanlle os libros, todos os libros ben escritos porque é crítica.
A tod@s nos gusta ler e lemos para aprender a vivir!
E aquí estamos nós, dispost@s a facer ese fermoso camiño ao voso carón.
ResponderEliminarApertas dende Fene
Un inicio "terrorífico".Eu tamén sentín medo, pero medo do de verdade.
ResponderEliminarParabens por ese grupo de rapaces ten heteroxéneo, unidos pola lectura.
Felicidades polos novos blogs e novos camiños por percorrer!!! Saúdos dende
ResponderEliminarBalbordo
Bibliocabe