
No trimestre que rematou a lectura elixida foi:
El gato negro y otros relatos de terror de Edgar A. Poe. Ninguén do grupo lera, en serio, nada deste famoso autor, só o coñeciamos de "oídas" e polo maratón de lectura do
Día do Libro do curso pasado. Era unha vergonza! así que cambiamos os nosos hábitos de lectura pensando que era breve e non teriamos tempo de nos aburrir. Comezamos a ler con certo reparo, pero... o
Gato Negro non foi abondo,
tod@s lemos os outros relatos e chegamos á mesma conclusión:
Son relatos de verdadeiro terror!.
Algunhas pasamos medo lendo -os rapaces din que eles non, pero...?- e non foi o único sentimento, tamén sentimos compaixón e noxo e carraxe, unha mestura de sentimentos moi estraña que foi común aínda que somos un grupo moi heterexéneo, tanto que: .
A Antela gústalle ler e escribir, o seu tema é a inxustiza, os problemas do débil, do acosado.
A Dani vaille máis a banda deseñada, as aventuras dos grandes heroes de todos os tempos.
Darío opta pola ciencia ficción pero non rexeita a novela historica.
A Diego gústanlle as narracións fantáticas, o seu é o imposible.
Eva e Nazaret son románticas e soñadoras, pero Eva prefire historias de intriga sen truculencias, mentres a Nazaret un chisco de morbo....de medo.
A Yolanda gústanlle os libros, todos os libros ben escritos porque é crítica.
A
tod@s nos gusta ler e lemos para aprender a vivir!